A Coruña acollerá o 27 de febreiro a XXV Premios Mestre Mateo

O arranque da gala da edición pasada dos Premios Mestre Mateo  | @ACADEMIAGALEGAA
O arranque da gala da edición pasada dos Premios Mestre Mateo | @ACADEMIAGALEGAA
PUBLICIDAD

A cidade da Coruña volverá a converterse no epicentro do audiovisual galego ca celebración da XXV edición dos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual anunciou que a gala terá lugar o próximo 27 de febreiro en Palexco, nunha edición especialmente significativa ao coincidir co 25 aniversario duns galardóns que se consolidaron como a principal cita de recoñecemento ao sector audiovisual de Galicia.

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, e a alcaldesa da Coruña Inés Rey | @ACADEMIAGALEGAA

Unha edición marcada por novas categorías e cambios nas súas bases

A XXV edición dos premios chega marcada por unha actualización das súas bases, con cambios destinados a adaptar os galardóns á evolución do sector audiovisual galego. Entre as principais novidades destacan a creación de novas categorías para diferenciar formatos e ámbitos de produción, como as de longametraxe e serie en lingua non galega, así como novas distincións para programas informativos, divulgativo, de actualidade e entretemento.

Ademais, reorganízanse os premios á dirección e á comunicación segundo o tipo de obra, introdúcese unha regulación específica sobre o uso de intelixencia artificial xenerativa nas candidaturas e modifícanse os criterios de inscrición para reforzar o recoñecemento do talento e a participación galega nas producións.

Palexco volverá a vestir de gala para os Premios Mestre Mateo

O anuncio realizouse este martes nunha rolda de prensa celebrada no Concello da Coruña, ca participación da presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, e a alcaldesa da cidade, Inés Rey. A celebración supón a volta dos premios na cidade que acolleu un total de catorce edicións. A primeira tivo lugar en 2006, precisamente en Palexco, escenario que volverá a recibir a cita do audiovisual galego anos despois da súa última celebración na cidade.

A gala dos Mestre Mateo do 2006 no Palexco da Coruña | MESTRE MATEO

Dende a Academia destacan que esta edición terá un significado especialmente simbólico a conmemorar os 25 anos de historia duns premios que acompañaron a evolución e consolidación do sector audiovisual galego. Ademais da gala, A Coruña será escenario durante as próximas semanas de diversas actividades dirixidas a achegar ao audiovisual galego á cidadanía. A presentación oficial da XXV edición celebrarase o próximo 18 de novembro, data na que se darán a coñecer as candidaturas e as primeras actividades desta programación especial.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.