Unhas 150 persoas, todas elas co seu chaleco amarelo reivindicativo, completaron unha marcha protesta desde As Pontes ata A Coruña para reclamar unha transición ecolóxica xusta e que non se peche de inmediato a central térmica.
A protesta partiu desde o Concello pontés rumbo á Coruña e recibiron a solidariedade de todos os concellos polos que pasaron.
Entre os participantes, moitos transportistas, pero tamén veciños e veciñas sen vinculación con Endesa que apoian aos traballadores da central.
É unha medida máis das que se puxeron en marcha nas últimas semanas, todas elas encamiñadas a conseguir un cambio de postura por parte de Endesa. Para elo, é fundamental unha presión social e desde as administracións públicas.
750 FAMILIAS
Un total de 750 familias dependen de forma directa do futuro da central de As Pontes.
30% PORTO FERROL
Máis do 30% do tráfico portuario do porto exterior de Ferrol depende da actividade da central.
Nova asociación
A principios de novembro constituise a Asociación Nacional de Municipios para unha Transición Enerxética Xusta.
Esta entidade ten entre as súas finalidades a posta en marcha de accións dirixidas a solicitar e esixir aos organismos con competencias na materia (Comisión Europea, Goberno, comunidades autónomas e deputacións) o desenvolvemento dun cambio de modelo progresivo e consecuente.
Tamén solicitarán ás empresas enerxéticas que teñan instalacións nos emprazamentos afectados a súa implicación a través da disposición, aprobación e achega de fondos directos para cada territorio.
Asemade, nace coa intención de participar na elaboración dos plans de desenvolvemento que se creen desde os organismos públicos.
Deficitarios en enerxía sen a central
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advirte de que “Galicia sen As Pontes sería unha comunidade deficitaria en enerxía”.
Uns 200 millóns de euros de investimento: O presidente da Xunta lembrou tras a reunión de Madrid que “de todas as centrais térmicas de España, a de As Pontes é a que está preparada, ten un investimento superior a 200 millóns de euros para cumprir a normativa; temos que buscar unha solución técnica viable medioambiental e económicamente”.
Única posibilidade, a reactivacion : González Formoso e Núñez Feijóo foron moi claros na reunión: a única posibilidade pasa pola reactivacion da central”.
Relacionado: Endesa evaluará de novo o uso de biocombustibles nas Pontes
Solicitude á UE para que Galicia entre no fondo de descarbonización europeo
Discussion about this post