Indignación no Grove tras o ataque vandálico á capela do cemiterio, que apareceu chea de pintadas

O párroco lamenta os danos causados no templo e o BNG reclama que os responsables respondan ante a xustiza
Imaxe da capela do Grove vandalizada | BNG O Grove
Imaxe da capela do Grove vandalizada | BNG O Grove

A capela do cemiterio municipal do Grove amenceu este venres con numerosas pintadas no seu interior, nun acto vandálico que provocou indignación entre os veciños e usuarios do camposanto.

Foi unha veciña quen descubriu os danos a primeira hora da mañá e alertou do sucedido á Policía Local. Os grafitis cobren boa parte das paredes do pequeno templo, no que se celebran actos relixiosos e ao que numerosas persoas acoden habitualmente para rezar ou lembrar os seus seres queridos.

«Dá pena que haxa xente que se divirta así»

O párroco do Grove, Ventura Martínez, lamentou o sucedido e mostrou a súa tristeza polo estado no que quedou a capela. «Dá pena que haxa xente que se divirta así», sinalou tras coñecer os feitos.

Varias das pintadas realizadas no interior da capela | BNG O Grove

As pintadas afectan a distintos espazos do interior do edificio e supoñen, segundo lamentan desde a parroquia, unha falta de respecto cara a un lugar especialmente sensible para moitas familias do municipio.

Piden identificar aos autores

Polo momento, o Concello do Grove non se pronunciou sobre o sucedido. Si o fixo o BNG local, que condenou publicamente o ataque vandálico e reclamou que os responsables sexan identificados e respondan polos danos ocasionados.

A formación nacionalista considera que este tipo de actos «non deberían quedar sen castigo» e defende que quen os cometese asuma o custo dos desperfectos provocados no interior da capela.

As circunstancias nas que se produciron as pintadas e a autoría dos feitos están a ser investigadas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.