O estaleiro de Navantia Ferrol despide ao buque “Supply”, o primeiro dos dous AOR construídos para a Mariña Australiana

Será nas instalacións de Navantia Australiana onde se rematen de instalar os sistemas de combate e comunicacións para a súa entrega definitiva

O estaleiro de Navantia Ferrol celebrou hoxe, como acto de traballo, a despedida do “Supply”, o primeiro dos dous buques tipo AOR construídos para A Mariña Australiana, que parteu esta mañá desde o peirao número 9 cara Australia, onde se espera que chega tras 35 días de navegación. Este contrato supuxo 1,5 millóns de horas de traballo por cada un dos buques, así como 35.000 horas derivadas da fabricación e suministro de motores e xeradores e outras 35.000 do Sistema Integrado de Control de Plataforma. Todo isto xerou unha ocupación de 1.800 empregos directos e indirectos, dos cais 530 corresponderían á industria auxiliar da comarca de Ferrolterra e uns 330 aos propios traballadores de Navantia.

Ademáis, o contrato inclúe o apoio ao ciclo de vida dos buques por un período de 5 anos e unha importante participación da industria australiana que será a encargada da instalación e probas dos elementos de combate e comunicacións, así como dalgunhas tarefas loxísticas. De feito, o barco chegará á base naval que a Real Marina Australiana ten en Garden Island, preto da cidade de Perth, onde será completado para a súa entrega definitiva o próximo mes de decembro.

Ao acto de hoxe, limitado polas restriccións do Covid, estiveron tanto representantes do estaleiro como da Mariña Australiana. O director da factoría ferrolana, Jorge Filgueira, quixo reconocer a agradecer o esforzo de todas as institucións implicadas no proxecto e especialmente dos traballadores que, según o responsable de Navantia Ferrol, “deron conta do coñecemento desenvolvido e transmitido a través de xeracións” no oficio da construcción naval. “Aquí, neste estaleiro, domínase o arte de moldear a natureza dos materiais para modelar estes complexos e fermosos artefactos”, dixo Filgueiras, quen lembrou o prixileo que supón realizar este tipo de encargos para armada australiana.

Salir de la versión móvil