Unha comarca unida, un voceiro para o Eume

enfoques

Cinco concellos con moitas máis cousas en común que o río Eume, unha comarca cun amplo e variado potencial desde o punto de visto económico, histórico, industrial, turístico ou paisaxístico. Un territorio xeográfico con fortalezas que debe ser quen de afrontar os retos de envergadura e os problemas que ten por diante.

As Pontes, Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume forman a comarca do Eume, máis de 25.000 persoas unidas desde hai meses por un obxectivo común: poñer en valor a súa industria, esixir unha transición enerxética xusta e defender os postos de traballo no sector. É unha tarefa ardua e na que non é sinxelo ver resultados a curto prazo, pero cada unha das mobilizacións, concentracións e reunións das últimas semanas foron fundamentais pola masiva asistencia a cada unha delas.

Pero máis aló desta encrucillada, a comarca é moito máis e ten moito máis, sairá adiante se mantén a unidade destes últimos tempos e loita polo futuro das próximas xeracións.

 

ENFOQUES DO EUME nace coa intención de contar cada mes o que pasa aquí, dándolle voz aos protagonistas da actualidade, pero este xornal quere ser tamén voceiro da comarca, unha ferramenta máis ao servizo dos veciños e veciñas dos cinco concellos, das súas empresas, dos seus comercios, dos seus clubes deportivos ou das moitas persoas e colectivos que traballan pola cultura, a promoción turística ou o texido asociativo.

 

Nestes tempos de globalización, o xornalismo non pode esquecer o local, o próximo, os temas que preocupan á veciñanza. ENFOQUES DO EUME porá o seu foco nas vosas rúas e barrios, nas vosas parroquias, nas empresas nas que traballan os veciños e veciñas dos cinco concellos da comarca.

Este xornal quere ser o altofalante das vosas demandas, o voceiro que transmita as vosas necesidades. Para elo, estaremos todos os meses na rúa cunha edición impresa e cada día nos vosos móbiles ou ordenadores cunha edición dixital (www.localhost/enfoques) e unha activa presenza nas redes sociais.

Imos falar do que pasa aquí, no Eume, no que está preto de vos. Queremos ser unha fiestra desde a que poidades observar, falar e opinar. Esta comarca ten futuro, un futuro que ENFOQUES DO EUME desexa contar.

Moizas grazas pola vosa acollida.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.