A pontesa Arteixo Telecom entra no sector da defensa e da ciberseguridade

A firma organizou unhas xornadas para presentar os proxectos incluidos no seu acordo coa compañía islaerí Be1
arteixotelecom

A empresa pontesa de tecnoloxía Arteixo Telecom ven de presentar a súa nova alianza comercial coa compañía de defensa e ciberseguridade islaerí Be1. Nunhas xornadas celebradas na sede de Penapurreira, varias firmas especializadas no sector presentaron diferentes produtos e solucións de seguridade que se incluirán entre os encargos que Arteixo Telecom terá a partir de agora grazas a este novo contrato que a converte no partner preferente de B1 en Europa.

Á xornada asistiron responsables de empresas privadas, do ámbito político e tamén altos cargos de forzas e corpos de seguridade do estado. O presidente da compañía pontesa, Rafael Valcarce, explicou que o que se presentou durante as xornadas son tecnoloxías reais, con usos prácticos inmediatos. Ademais, lembrou que son unha das poucas empresas do país que posúen o certificado Pecal do Ministerio de Defensa, o que lles outorga capacidade para traballar neste sector. “Be1 analizounos moi a fondo, tivo moitas reunións cos nosos enxeñeiros e os nosos técnicos e, finalmente, certificou que somos unha empresa idónea para converter en realidade os seus proxectos con talento 100% e na nosa planta das Pontes”, dixo Valcarce.

Rafael Valcarce Baiget, presidente de Arteixo Telecom (primeiro pola dereita), e Illil Podliszewski Lavi, presidenta de Be1
Rafael Valcarce Baiget, presidente de Arteixo Telecom (primeiro pola dereita), e Illil Podliszewski Lavi, presidenta de Be1

Pola súa banda, a presidenta de Be1, Illil Podliszewski, remarcou que Arteixo Telecom, será un novo socio preferente en Europa para a fabricación da tecnoloxía de defensa e ciberseguridad desenvolta no país. Durante as xornadas, a máxima responsable da firma israelí presentou algúns dos proxectos que se van a levar a cabo, como un sistema de vídeo analítica enfocado á seguridade no transporte marítimo e terrestre, un sistema de dispersión de tumultos baseado en luces led de alta potencia ou unha pulseira anti-hackeo deseñada para a protección de coches, portas e caixas fortes intelixentes.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.