Os grupos políticos con representación no Concello de As Pontes, a excepción do Partido Popular, veñen de remitir unha carta ao Sergas esixindo a inmediata cobertura, de xeito permanente e estable, da praza de pediatría do centro de saúde do municipio.
Ante a cobertura con carácter temporal deste posto, solicitan -tal e como pon na carta- “unha solución definitiva que permita ás nenas e nenos menores de 14 anos da nosa vila ter acceso a unha atención sanitaria de calidade”.
Neste mesmo escrito lembran que “o servizo de pediatría no noso municipio dá cobertura sanitaria a preto de 1.100 nenos e nenas e debe prestarse con absolutas garantías”, subliñando que “desde o Concello das Pontes non cesará o empeño para evitar a precarización e a perda de calidade dos servizos públicos”.
Discussion about this post