As Pontes reforza o corpor de policía con catro auxiliares

Prestarán servizo durante seis meses e realizarán os mesmos traballos que os actuais axentes
policia-local-edificio-cap_img392074t0

O Concello das Pontes reforzará, a partir do luns, a plantilla da Policía Local con catro auxiliares que realizarán tarefas de vixilancia e prevención nas rúas do municipio durante o estado de alarma.

O alcalde, González Formoso, subliñou a importancia destas novas incorporacións “desde a implantación do estado de alarma, os axentes da Policía Local das Pontes están realizando un enorme esforzo, cubrindo o servizo ás 24 horas do día, con rondas para avisar á poboación de que deben permanecer nas súas casas, vixiando os espazos públicos e efectuando controis de vehículos, é precisamos máis recursos humanos para intensificar estes controis para evitar a propagación do COVID-19, manter a seguridade cidadá e asegurar o confinamento”.

Os catro auxiliares prestarán os seus servizos no Concello das Pontes durante un período de 6 meses e realizarán os mesmos traballos que os actuais membros da Policía Local, orientadas a garantir o cumprimento das medidas establecidas polo Goberno e a Xunta de Galicia así como a informar á cidadanía das recomendacións para evitar o risco de contaxio e a propagación do coronavirus.

A contratación dos catro auxiliares realizouse a través da bolsa de contratación de auxiliares da Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)  posta a disposición de todos os concellos galegos por parte da Xunta de Galicia ante a epidemia do coronavirus.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.