Formación universitaria para maiores de 50 anos nas Pontes

A Universidade Sénior da UDC pon en marcha a súa segunda edición na vila
unisenior

O Concello das Pontes, en colaboración coa Universidade Sénior da Universidade da Coruña porá en marcha, a partir do día 22 de xaneiro, unha nova edición do programa de formación específico para adultos maiores de 50 anos, que se desenvolverá, todos os mércores e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, ata o mes de marzo, no colexio Monte Caxado.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude, Tania Pardo, xunto coa concelleira de Medios Locais, Lorena Tenreiro e a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa, Nancy Vázquez, e a directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, presentaron esta nova acción formativa que permite ao Concello «fomentar o desenvolvemento de actividades de formación científica e cultural que favorecen o encontro e o envellecemento activo, proporcionando ao alumnado unha formación axustada aos seus intereses e mellorando a calidade de vida e a aprendizaxe autónoma”.

A inscrición, que será de balde, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior As Pontes (https://udcsenioraspontes.wordpress.com/) ou presencial, de 9:30 a 12:30 horas, a través do Instituto Pontés de Promoción Económica, desde o 10 ao 20 de xaneiro.

O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña constará tanto de sesións teóricas como prácticas ou saídas de campo e se estructurará nas seguintes temáticas e calendario:

MODULO I: Patrimonio Social e Cultural:

  • Patrimonio Arquitectónico de Galicia. Prof. Alvaro J. Iglesias. 22 e 29 de xaneiro, de 17 a 19 horas.
  • Lingua e Literatura Galega. Prof. Xoán López Viñas. Xaneiro: 23 e 30, de 17 a 19 horas.
  • Visita Cultural ó entorno da comarca. 4 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas.

MODULO II: Medio Ambiente e Sustentabilidade:

  • Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental. Prof. Manuel Soto. 5 e 12 de febreiro, de 17 a 19 horas.
  • Ciencia e Vida. Prof. Jaime Fagundez Díaz. 6 e 13 de febreiro, de 17 a 19 horas.
  • Saída de Campo. Paisaxe na Serra do Xistral. 5 de marzo, de 17 a 19 horas.

MODULO III: Saúde e Calidade de vida:

  • Neurociencia. Prof. Carmen de Labra Pinedo. 19 e 26 de febreiro, de 17 a 19 horas.
  • Educación para a Saúde dende o Exercicio Terapéutico. Prof. Isabel Raposo Vidal. 20 e 27 de febreiro, de 17 a 19 horas.
  • Sesión práctica exercicio terapéutico. 12 de marzo, de 17 a 19 horas.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.