Os transportistas do carbón que traballan na central térmica de Endesa en As Pontes retomaron o peche que mantiñan desde o pasado mes de setembro e que suspenderan de maneira temporal polo Nadal. Os traballadores do transporte atópanse no salón de plenos do concello pontés onde realizarán unha asamblea para «analizar a situación actual» tralo último anuncio de peche da compañía eléctrica o pasado 26 de decembro, explicou o presidente da Federación de Transportistas, Manuel Bouza.
«As expectativas son moi malas e xa empeza a cundir a desánimo e o pesimismo entre os compañeiros, porque son moitos meses sen traballar e non se albisca unha solución a curto prazo». Son algo máis de 60 empresas e uns 150 camioneiros os que se ven directamente afectados pola paralización da central.
«A situación actual danos a razón a nós sobre a necesidade de manter operativa esta central»
O representante dos transportistas explicou que nos últimos tres días a empresa únicamente puxo en marcha un dos seus catro grupos de producción, que consome unhas 4.000 toneladas de carbón ao día, polo que non creen que o traballo para eles vaia reactivarse a curto prazo, «tendo en conta que Endesa almacena só nas instalacións de As Pontes máis de 400.000 toneladas», máis outro tanto no porto exterior de Ferrol.
«A situación danos a razón a nós sobre a necesidade de manter operativa esta central», insistiu Manuel Bouza, «xa que ao parecer moitas das enerxías renovables non están a xerar a produción necesaria para satisfacer a demanda. E todo iso cando aínda moita industria non reactivou a súa produción polo Nadal».
Relacionado: As Pontes busca alternativas ao peche definitivo de Endesa
Endesa evaluará de novo o uso de biocombustibles nas Pontes