Cabanas abre de novo o acceso ao piñeiral da Madalena

O Concello rematou os traballos de acondicionamento e mellora da seguridade na zona
F14F0286

Unha vez realizados traballos de acondicionamento e mellora da seguridade nalgúns puntos do piñeiral da Madalena, que obrigaron a manter o espazo pechado, o Concello de Cabanas levantou a prohibición de acceso peonil e rodado ao lugar.

Os primeiros en desfrutar da reapertura do piñeiral ao público foron un grupo de escolares que celebraron o Campionato Escolar de Cross, así como tamén veciñanza e visitantes que empregan este espazo para o paseo ou a práctica deportiva.

O goberno municipal quixo agradecer “a paciencia da veciñanza polas semanas nas que o acceso ao piñeiral estivo prohibido”, ao tempo que sinalan que “a seguridade ten que estar por riba de calquera outra cuestión”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.