Cabanas inicia a campaña de trampeo contra a vespa velutina

Se fará especial fincapé nas zonas máis afectadas na pasada temporada
TRAMPAS-CASERAS-1024x577

O Concello de Cabanas comezará este xoves co trampeo primaveral contra a praga da vespa velutina. Nunha primeira fase instalaranse sesenta trampas distribuídas por todo o territorio do concello, cuxa ubicación vén determinada polas zonas que resultaron máis afectadas polos niños de velutina durante o pasado 2019.

“O trampeo está a ser a fórmula máis efectiva para ter controlada esta praga, coa redución de máis do 50% dos niños desde o 2017”, sinalou Eva García, concelleira de servizos, quen tamén adiantou que o concello “controlará as raíñas capturadas e irá repondo do atraínte de forma periódica para garantir a efectividade das trampas”.

Desde o Concello de Cabanas anímase á veciñanza a sumarse á rutina de colocar trampas caseiras nas inmediacións das vivendas como método para evitar a proliferación dos niños nas zonas habitadas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.