Cabanas inicia mañá o reparto de máscaras aos menores de 14 anos

O Concello elaborou unha guía rapida con recomendacións sobre os paseos con menores
IMG-20200424-WA0038

Dentro da campaña de entrega de máscaras de protección entre a poboación posta en marcha polo Concello de Cabanas, a partir deste luns serán os menores de 14 anos os que recibirán nas súas casas un paquete composto por un diploma agradecendo a súa colaboración na loita contra a pandemia e unha máscara para usar nos seus paseos.

Durante a semana que remata hoxe, o Concello de Cabanas enviou máscaras de protección reutilizables a toda a poboación maior de 52 anos, e tras o envío aos menores de 14 anos será o resto da poboación a que irá recibindo nas súas casas as máscaras ao longo da semana, até completar o censo municipal. «Fixemos un envío de material escalonado conforme fomos recibindo o material adquirido polo Concello», sinalan fontes do goberno local.

Para clarificar as pautas establecidas polo BOE sobre os paseos de menores, o Concello de Cabanas elaborou tamén unha guía rápida na que se condensa nunha imaxe como deben ser eses paseos e que se pode e que non se pode facer. Na guía recoméndanse os espazos abertos, como o Piñeiral ou as zonas rurais, ao tempo que se lembra que os xogos dos parques continúan precintados ata que sexa posibel o seu uso sen perigo de contaxio.

Axudas para empresas e autónomos.

 Por outra banda, dentro da estratexia para a reactivación económica que prepara o Concello de Cabanas, o goberno municipal está traballando no modelo de axudas que porá a disposición de autónomos e empresas. Ao longo dos próximos días faranse públicas estas axudas. «Estamos a acabar de perfilar as cantidades que Cabanas pode aportar para a promoción económica do concello», conclúen desde o goberno.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.