O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, vén de convocar o “I Certame de Poesía” para conmemorar o Día das Letras Galegas, unha data adicada este ano ao autor ferrolán Carvalho Calero.
O obxectivo deste certame é fomentar o uso e o prestixio da lingua galega a través da expresión artística a e creatividade, e está dirixido a persoas de todas as idades, xa que se establecen tres categorías: intantil (até 12 anos), xuvenil (de 13 a 17) e adulta (de 18 en adiante).
O prazo de presentación das obras, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, remata o propio domingo 17 de maio ás 23 horas, debendo facerse a través do correo [email protected] seguindo as pautas establecidas nas bases que se poden consultar na web cabanas.gal.
“Haberá premios para as persoas gañadoras en cada unha das tres categorías, e todas as participantes recibirán tamén un agasallo”, sinalou a concellería de normalización lingüística, Paula González, quen animou á poboación a participar na cita.
Discussion about this post