O Concello de Cabanas vén de culminar a primeira fase do plan de compostaxe doméstico posto en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente, coa entrega de 30 composteiros distribuídos entre a veciñanza por orde de solicitude.
A demanda superou amplamente a oferta, polo que desde o Concello xa se está a preparar unha nova remesa para atender as solicitudes que quedaron en agarda.
“Estamos moi satisfeitos coa boa acollida que está a ter o plan de compostaxe, que amosa o compromiso da veciñanza de Cabanas coa mellora do medio ambiente e a redución de residuos”, sinalou o tenente alcalde e responsable da área de medio ambente, Iago Varela.
Os composteiros, repartidos en colaboración con Sogama, teñen unha capacidade de 400 litros.
Discussion about this post