Catro prazas en Cabanas para o Programa Integrado de Emprego

Unha iniciativa para mulleres desempregadas
programa integrado de emprego

O Concello de Cabanas informou de que a Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade de Concellos de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE) dirixido aos concellos de Cabanas, Ares, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda, Narón e Valdoviño.

Este Programa Integrado de Emprego diríxese a mulleres desempregadas que cumpran con algún dos requirimentos establecidos na convocatoria, como discapacidade, risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos cualificadas ou con baixa cualificación, maiores de 45 anos, perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional e inmigrantes.

 

Xuntar esforzos

O tenente alcalde e concelleiro de emprego, Iago Varela, puxo en valor que o programa vaia dirixido a mulleres e tamén o feito de concorrer de forma conxunta varios concellos da mancomunidade para “xuntar esforzos na loita contra o desemprego na comarca”.

A Cabanas correspóndenlle catro prazas, e a selección realizarase a través do Servizo Público de Emprego.
As persoas interesadas en asistir deben anotarse á maior brevidade na Oficina de Emprego da avenida de Vigo, en Ferrol, indicando o código 930 e manifestando o seu interese en participar do programa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.