A pesar do amplo dispositivo despregado pola Dirección Xeral de Tráfico ao longo de todo o territorio nacional, os lugais habituais de veraneo da costa galega seguiron recibindo xente do interior da península nos últimos días.
Un claro exemplo dentro da comarca son os concellos de Cabanas e Pontedeume, onde o enfado dos veciños é notorio ante a nova oleada de “veraneantes” procedentes, eminentemente, da comunidade de Madrid. Tanto é así, que o propio alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, denunciuou públicamente esta chegada masiva de persoas con segunda residencias neste concellos eumeses e trasladou á Delegación do Goberno e ao cuartel da Garda Civil esta situación.
“No día de hoxe detectouse a presencia de varias persoas con segunda residencia no Concello de Cabanas, persoas residentes en Comunidades Autónomas afectadas gravemente pola pandemia Covid-19. Así mesmo, nas ultimas noites detectouse un notable ascenso da mobilidade nocturna de vehículos, en especial, na ultima madrugada do sábado 4″, explicou o rexedor cabanés.
Por iso, considerou necesario poñer en coñecemento da Delegación do Goberno dita situación, “a efectos de que se aumenten os controis de mobilidade no Concello de Cabanas, tanto durante o día como na noite, e se adopten as medidas pertinentes en colaboración co Concello de Cabanas, a efectos de evitar a propagación do virus Covid-19 na zona”. Tamén o Concello de Pontedeume contactou coa Subdelegación do Goberno en A Coruña para trasladarlle estes feitos.
Ademaís, o pasado xoves tamén solicitaron dende o concello de Cabanas á Delegación do Goberno, o apoio militar do Tercio Norte, para axudar á Policía Local a cubrir franxas horarias e complementar así os operativos que xa fai cada dia a Garda Civil no noso concello.
Indignación nas redes
As redes sociais estanse convertendo no vehículo de canalización da rabia que sinten moitos deste veciños ante a insolidaridade dos que veñen as súas segundas residencias. Recordan que moitos deles veñen da comunidade madrileña, coa maior taxa de infectados de España e “non saben se son asintomáticos e están a propagar o virus na nosa vila”, explican algúns internautas.
Outros, incluso, denunciaron a través de fotografías publicadas nas redes sociais, que se estaba facendo uso las embarcacións recreativas no entorno da ría. Non faltaron tampoco os memes estes días, pedindo en tomo humorístico que estes veraneantes volvan aos seus domicilios ata que se supere a crise sanitaria e se poña fin ao confinamento de toda a poboación.
Discussion about this post