Un traballador faleceu este xoves en Cabanas tras recibir un golpe cunha rama dunha árbore, que caeu encima mentres realizaba traballos nun monte da localidade. Fontes municipais confirmaron que o suceso ocurreu ao redor das 12:15 horas no lugar de Porcar. As mesmas fontes precisaron que o damnificado é un operario dunha empresa que estaba a realizar traballos de poda e tala nun monte particular, polo que aludiron a un accidente laboral.
Até a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e de Bombeiros de Eume, así como unha ambulancia do 061 que, con todo, non puido facer nada por salvarlle a vida.
Discussion about this post