Xantar popular e festas de disfraces no Entroido de Cabanas

O pavillón de Lavandeira acollerá a meirande parte das actividades nestas datas
53201080_2334338043267751_4630452216602296320_o

O Concello de Cabanas abriu o prazo para anotarse ao Xantar de Entroido, a primeira das actividades coas que concello celebra o Entroido 2020. O evento terá lugar o sábado 22 de febreiro no pavillón de Lavandeira, cun menú de 20 euros que inclúe cocido e sobremesas típicas destas festas, ademáis das bebidas. Os interesados tendrán que apuntarse antes do xoves 20 de febreiro na Casa do Concello ou na extensión 3 do teléfono 981 495 959. Ao rematar o xantar haberá baile e actuación musical amenizada pola artista Almudena.

Por outra banda, o Concello de Cabanas tamén vén de anunciar, en colaboración coa ANPA O Castiñeiro e a Sociedade O Loureiro, a Festa de Entroido, que contará cunha modalidade infantil e outra destinada ás persoas adultas. Ambas serán o sábado 29 de febreiro.

A festa infantil comezará ás seis da tarde no pavillón de Lavandeira, e contará con actividades de animación destinadas ás nenas e nenos, mentres que a de maiores iniciarse ás nove da noite no local da Sociedade O Loureiro, con degustación de sobremesas de Entroido e a actuación de DJ Dany. En ambas as dúas festas haberá premios variados para os mellores disfraces.

“Desde o Concello queremos animar a toda a veciñanza a asistir ás celebracións de Entroido”, sinalou a concelleira de festas, Diana Rodríguez, quen tamén quixo destacar “a diversidade das celebracións para ter opcións para todos os públicos e gustos”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.