Euroeume anima a «coñecer os nosos ríos» en Monfero

Este venres e o último día para anotarse a esta actividade orientada ás familias que se desenvolverá o sábado a partir das 10:30 horas
Unha edición anterior de "Coñecendo os nosos ríos" | EUROEUME
Unha edición anterior de "Coñecendo os nosos ríos" | EUROEUME

A Asociación Euroeume, en colaboración coa Asociación Rural Contemporánea, organiza este sábado unha nova edición do proxecto “Coñecendo os nosos Ríos”, unha actividade orientada a familias na que o voluntariado participante sae ós treitos de río para facer un estudo da calidade ecolóxica dos mesmos, ademais de explicar ós participantes a importancia dos ecosistemas fluviais e os seus diversos compoñentes.

A xornada comezará ás 10:30 horas cunha pequeña andaina pola beira do Rego do Candedo, na que se comezará a actividade coa identificación de árbores e a valoración da calidade do bosque de ribeira e da fauna presente nas marxes do río. Posteriormente chegará o momento de meter os pes na auga para a toma de mostras necesaria e para a procura da fauna que habita no río para a avaliación da calidade da auga.

Esta actividade é gratuita, pero por circunstancias da capacidade do espazo no que se vai realizar a actividade o número de prazas está limitado, así que as persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono 699556438.

Esta mesma actividade realizarase coa colaboración das persoas que forman parte do grupo de voluntariado ambiental de Euroeume no río Sesín co alumnado do CEIP Mosteiro de Caaveiro, en A Capela, e no Río Castro co CEIP Eladia Mariño, en Cabanas. Estas actividades lévanse a cabo grazas ás axudas do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia concedidas á Asociación Euroeume para o desenvolvemento de actividades no ano 2023.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.