Monfero reactiva as axudas ao estudo desde infantil ata universitarios

Poderán acollerse aqueles rapaces empadroados no concello e cuxa unidade familiar non supere os 18.000 euros de ingresos anuais
Están destinadas a alumnos de los niveles de infantil, primaria o secundaria en algún centro educativo del municipio de Valdoviño
Están destinadas a alumnos de los niveles de infantil, primaria o secundaria en algún centro educativo del municipio de Valdoviño

No mes de marzo deste ano o Concello de Monfero acordou a anulación da convocatoria municipal de axudas ao estudo 2019-2020, por mor da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Finalizado o Estado de Alarma, o goberno municipal vén de publicar unha nova convocatoria.

O prazo para a solicitude de axudas ao estudo para o curso escolar 2019-2020 estará aberto ata o 28 de setembro o poderanse xestionar no propio concello en horario de oficina ata as 15.00 horas.

O crédito que se destina a este programa é de 7.000 euros e poderán beneficiarse das axudas os nenos empadroados en Monfero e que polo menos un dos país tamén estea empadroado no municipio, ter menos de 24 anos de idade e non exercer ocupación ou traballo remunerado e cursar estudos de Educación Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato, Formación Profesional, ciclos formativos ou estudos universitarios.

Ademáis a unha unidade familiar (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado) non pode superar a cantidade de 18.000 euros anuais de ingresos, máis 900 euros por cada membro que a integre, ou ben aquelas familias que non acadaden os ingresos mínimos esixidos para presentar a declaración da renda.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.