O mosteiro de Monfero acolle catro concertos ao longo do mes de agosto

A programación, con entrada de balde, levará música ao interior do histórico monumento os domingos 9, 16, 23 e 30 de agosto
O mosteiro de Monfero | CEDIDA
O mosteiro de Monfero | CEDIDA

O mosteiro de Monfero converterase durante o mes de agosto nun escenario singular para a música coa celebración dun ciclo de catro concertos no interior do histórico monumento. As actuacións terán lugar os domingos 9, 16, 23 e 30 de agosto, sempre ás 18.30 horas, e contarán con entrada de balde.

A iniciativa busca aproveitar a especial contorna e a acústica do mosteiro, combinando patrimonio e música nunha proposta aberta á veciñanza e ás persoas visitantes.

Cartel promocional dos domingos culturais | Concello de Monfero

A programación reunirá diferentes estilos e propostas ao longo das catro xornadas. A Coral Santo Ángel, Xoán Curiel, Rafa Fernández e Cristian Leggiero & Paty Lesta serán os encargados de poñer música ao interior do monumento.

As actuacións desenvolveranse cada domingo ás 18.30 horas, permitindo ao público gozar dos concertos nun espazo patrimonial de especial valor e cunhas condicións acústicas que contribúen a crear unha experiencia diferente.

A proposta está organizada polo Concello de Monfero, coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña, e o acceso será gratuíto durante as catro xornadas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.