O Concello de Pontedeume entregará o sábado o premio do XXX Concurso de Contos Vila

O gañador ou gañadora desta edición recibirá un premio de 600 euros
Foto da entrega de premios da anterior edición
Foto da entrega de premios da anterior edición

O Concello de Pontedeume entregará o próximo sábado, 28 de novembro, o premio do XXX Concurso de Contos Vila de Pontedeume, certame literario que se celebra cada ano na cidade e dirixido á mocidade. O acto no que se anunciará o gañador ou gañadora será no Salón de Plenos do Concello de Pontedeume ás 12:00 horas.

Tradicionalmente, este acto celébrase o 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas. Porén, o contexto sanitario alterou o calendario do concurso, estendendo o prazo de participación e imposibilitando a celebración do acto de entrega de premios nunha data tan sinalada. O gañador ou gañadora da 30ª edición do concurso recibirá un premio de 600 euros, concedido polo propio Concello de Pontedeume.

O Concello de Pontedeume pretende coa organización deste premio estimular a creación literaria por parte da mocidade. Os contos presentados debían estar escritos en galego e ser inéditos.

Ademais, os participantes do certame debían ser estudantes/as do segundo ciclo da Educación Secundaria Obligatoria, Bacharelato ou Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, sempre e cando foran menores de 20 anos.

Nesta edición, o xurado que decide o conto premiado está presidido polo escritor eumés Antonio Manuel Fraga e conta con tres vogais: dous integrantes do grupo teatral Damecuerdaqueteatro (Rocío Tenreiro, graduada en Lingua e Literatura españolas, e Román Martínez, mestre de Educación Primaria); xunto á normalizadora lingüística, Esther Leira. Por último, o bibliotecario municipal, Alejandro Caínzos, é o secretario do xurado.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.