O parque natural das Fragas do Eume será un dos destinos seleccionados pola Xunta para o programa de turismo interno “Elixe Galicia”. O goberno galego presentou esta iniciativa coa que se ofertarán 13.000 para potenciar o turismo dentro da propia comunidade en temporada medio ou baixa, no que finanaciará ata o 40% das estancias. Mozos con menos de 30 anos, familias con fillos menores e pensionistas maiores de 55 anos son os colectivos que poden aspirar a estas axudas.
O programa contará con catro modalidades de viaxe e será na de “Rutas pola Natureza” onde se incluirá a viaxe as Fragas do Eume. O paquete turístico terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias. Para esta modalidade vacacional sortearanse 2.500 plazas e un total de dez itinerarios.
O aloxamento realizarase en hoteis da zona ou en casas rurais da comarca do Eume. Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto, para que os visitantes poidan coñecer máis a fondo o parque natural das Fragas, polas que se realizarán dúas excursións ou algún tipo de actividade de turismo activo. O paquete inclúe tanto o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, como os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.
A asignación de prazas realizarase por sorteo e os resultados publicaranse entre finais de marzo e comezos de abril. Os interesados deben abonar o 20% da cantidade que lles corresponde en calquera axencia de viaxes e nun prazo de tres días hábiles tras a formulación da solicitude. A totalidade da praza debe abonarse polo menos 60 días antes do comezo das vacacións.
Discussion about this post