Cortes de auga en Pontedeume esta noite por unhas obras na rede de suministro

Afectará as parroquias de Nogueirosa, Ombre, as zonas altas de Boebre e as zonas altas do casco urbano.
f800x450-112547_163993_5050

O Concello de Pontedeume informou de que hoxe pola noite haberá cortes de auga polas obras que se están facendo para renovar a rede xeral de abastecemento de auga, ao seu paso pola parroquia de Nogueirosa. Os cortes de auga, desde as 22.00 horas de mañá ás 06.00 horas do xoves, afectarán ás parroquias de Nogueirosa, Ombre, as zonas altas de Boebre e as zonas altas do casco urbano.

As obras na rede que se levan a cabo son para a substitución dun tramo da actual condución de fibrocemento duns 600 metros por outra de fundición. Mañá pola noite haberá traballos de conexión entre os tramos da nova condución, polo que son necesarios os cortes de auga.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.