O alcalde de Pontedeume sorprende nas redes interpretando unha peza da Semana Santa

Bernardo Fernández sumouse a unha iniciativa xurdida en Facebook para interpretar "O Paso", unha das melodías máis tradicionais da festividade relixiosa da vila
alcaldepontedeumetrompeta

En Pontedeume, como noutras tantas vilas, os veciños e veciñas vén na Semana Santa un dos momentos máis importantes do ano para levar a rúa e poñer en común as súas tradicións máis antigas e facer honra da súa cultura popular. Ante a imposibilidade de celebrar este ano a festividade relixiosa polas rúas medievais da vila, xurdiu nas redes sociais a iniciativa de interpretar unha das marchas más vellas e tradicionais da zona: «O Paso».

Un dos que se quixo sumar a esta iniciativa foi o propio alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, que sorpredeu a moitos interpretando esta peza musical coa súa trompeta. «Volve a sonar o himno de todos os eumeses e eumesas, sona un ano máis ‘O Paso’. O COVID-19 non vai impedir que a súa melodía resone de novo polas nosas prazas e rúas, e nos una máis ca nunca», expresou o rexedor eumés.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.