O Cemit de Pontedeume ofrece unha formación en competencias para a transformación dixital

Será os días 28, 29 e 30 de xaneiro, completamente de balde

Os días 28, 29 e 30 de xaneiro a Aula Cemit de Pontedeume acolle a formación “Crear Futuro”, promovida pola Secretaría do Estado para o Avance Dixital.

Trátase dunha iniciativa dirixida a desenvolver proxectos de impulso da economía dixital, innovación, emprendemento e formación de apoio no uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC’s).

Esta acción formativa está estruturada nos seguintes obradoiros:

– Martes 28 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas: “Ecosistema emprendedor”

– Mércores 29 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas: “Proposta de valor e modelo de negocio”

– Xoves 30 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas: “Como acadar os primeiros clientes”

 

Mais información neste enlace.

 

Salir de la versión móvil