O Concello de Pontedeume ven de aprobar por unanimidade de todos os grupos da corporación un modificativo orzamentario con cargo ao remanente, que entre outras, inclúe unha partida de 50.000 euros para dotar economicamente unha primeira liña de axudas a autónomos da vila que viran cesada a súa actividade o pasado día 13 de marzo con motivo da declaración do estado de alarma. O alcalde, Bernardo Fernández Piñeiro, agradeceu oa resto de partidos o seu apoio “nunha medida tan importante e trascendente” como esta.
Do total do modificativo de crédito, una partida de 50.000 euros irá para axudas aos autónomos que cesaran a súa actividade dende o primeiro día do estado de alarma. Trátase dunha iniciativa dirixida a sectores non declarados esenciais no decreto do estado de alarma como a hostalería, o comercio ou as academias de ensino.
O resto destinarase a catro obras para reactivar a actividade no sector da construcción a nivel local como son a pavimentación e renovación da rede de abastecemento no Chapizo (39.797,81 euros), a substitución do colector no parque Vizús (48.074,97 euros), a reposición do pavimento na travesía Río Eume (7.999,07 euros) e o glomerado na conexión da AC-144 coa DP-6902 na parroquia de Nogueirosa (7.770,54 euros). O modificativo orzamentario servirá tamén para a adquisición dun vehículo para o departamento de municipal Vías e Obras (18.150 euros).
Á marxe destas medidas que foron aprobadas no pleno, o Concello de Pontedeume está a priorizar tamén o pago a proveedores para darlle liquidez a empresas e autónomos. Os servizos administrativos locais pagaron facturas dende o pasado 13 de marzo por importe de case 450.000 euros. Outra das medidas postas en marcha durante o Estado de Alarma é unha moratoria no pago do imposto de vehículos.
Suministro de auga
Así mesmo, o concello chegou tamén a un acordo coa concesionaria do Servizo Municipal de Augas, Viaqua, para poñer en marcha unha serie de facilidades de pago nos seus recibos, que consistirán na ampliación do periodo voluntario de pago de facturas a 90 días.
No caso de dificultades económicas todo usuario poderá contactar con Viaqua desde xa mesmo, para solicitar un Plan de pago Flexible ou aprazamiento do seu recibo trimestral. En caso de que non se produzca o contacto antes do cargo bancario, o trámite realizarase como de costume nas datas previstas. Ademáis, acordouse o financiamento ou aprazamento de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que ante esta situación excepcional presenten dificultades no pago dos seus recibos trimestrais.
Discussion about this post