O Concello de Pontedeume repartirá máscaras entre os cinco centros de educación primaria da localidade

Forma parte da iniciativa "Abrindo Camiños" onde, coa colaboración da Policía Local, inténtase contribuir á seguridade viaria da mocidade no seu traxecto á escola

O Concello de Pontedeume repartirá esta semana máscaras de protección contra a Covid-19 entre os alumnos e alumnas dos cinco centros de Educación Primaria do municipio.

Programa “Abrindo Camiños”

Este reparto de máscaras encádrase na iniciativa “Abrindo Camiños”, posta en marcha polo concello coa colaboración da Policía Local para contribuír á seguridade viaria das nenas e nenos na procura de rutas de peóns seguras para desprazarse aos seus centros.

“É un programa de seguridade viaria e agora queremos tamén contribuir á seguridade sanitaria co reparto destas máscaras”, explica a concelleira de Educación de Pontedeume, Alejandra Bellón.

As máscaras, homologadas, lavables e reutilizables, levan inscrito o lema da campaña, “Para. Olla. Cruza”, ademais do logotipo do 750 aniversario de Pontedeume e algunhas delas o de Gadis, que colabora coa campaña de seguridade viaria xunto ao comercio eumés, Leche Celta e Vázquez Garzón.

Medidas para potendiar a seguridade viaria entre a mocidade

Dentro da iniciativa, para este curso escolar puxéronse en marcha aparcadoiros disuasorios, aparcadoiros exprés e pintados chamativos nos pasos de peóns para garantir a seguridade dos nenos e nenas, potenciando a súa independencia para ir cada día ao seu centro educativo.

Salir de la versión móvil