O saneamento na ribeira de Pontedeume impulsará a actividade marisqueira da zona

As obras contan cun orzamento de 4,2 millóns de euros e se prevé que finalicen a principios de 2021
saneamentoeume

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández e a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, visitaron as obras da renovación da rede xeral de saneamento que se están levando ao longo de todo a paseo marítimo da vila.

Os traballos, que contan cun orzamento de 4,2 millóns de euros, avanzan a bo ritmo e a previsión é que no mes de febreiro cheguen á altura da Ponte de Pedra, para comezar a continuación coa construción do tanque de tormentas no peirao e a posterior renovación da rede de abastecemento nesa zona.

As obras se completarán cunha cámara anexa ao tanque de tormentas e cun bombeo que enviará ás augas á EDAR de Centroña. O alcalde de Pontedeume, recordou que “esta actuación permitirá rematar cos verquidos no estuario do Eume, mellorando así a calidade das augas  e evitará as infiltracións de auga mariña ao colector, feito que estaba a influir negativamente no funcionamento da depuradora municipal” 

Desde a confraría de pescadores apuntaron que unha vez que o sistema de depuración entre en funcionamento, a principios de 2021, a mellora da calidade das augas pode conlevar un cambio na súa calificación e pasar a zona A. Isto significaría que o marisco extraído nas ría non tería que ser depurado, acelerando así o seu proceso de comercialización. 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.