O XXII Concurso de Cociña e Coctelaría Memorial Fraga do Eume chega a Pontedeume

O CIFP acollerá o próximo 2 de marzo o concurso que se converteu nunha xuntanza de todos os centros de hostalería de Galicia e norte de Portugal
FragaDoEume

Pontedeume acollerá o próximo 2 de marzo o ‘XXII Concurso de Cociña e Coctelaría Memorial Fraga do Eume’. O concurso, que se celebrará no CIFP, naceu no ano 2000 como homenaxe a un profesor do centro falecido o ano anterior e que lle deu nome o evento (José Rodríguez Moldes Rey) hasta a data.

A cita converteuse nunha xuntanza tradicional de todos os centros de hostalería de Galicia e norte de Portugal e consta de dúas modalidades. No apartado de cociña, este ano continúase coa dinámica nova na que os participantes deberán realizar unha elaboración creativa empregando Corvina, Alga Codium e touciño de porco Celta, xunto con unha lista de ingredientes pechada , facilitada pola organización .Así mesmo tamén deberán elaborar unha tapa a partires destes mesmos ingredientes O alumnado formarán parella representando aos centros invitados e realizarán as citadas elaboracións, que serán sometidos á degustación dos membros do xurado.

No apartado de coctelaría o concurso en dúas modalidades. Unha de coctelaría clásica, a proba o concurso valorará a destreza e técnica dos participantes, a partir de un receitario internacional de coctelaría e outra modalidade de coctelaría creativa, onde os participantes deberán crear un cóctel que obrigatoriamente deberá incluir o Vodka green mixology como base alcohólica, e zume de arándanos granini como base tonificante.

Ó remate do concurso, como ven sendo habitual, celebrarase un xantar ao longo do cal terá lugar a proclamación de gañadores e a entrega de premios. O xurado de cociña estará composto por un total de 7 membros, 5 que formarán parte do tribunal gastronómico e 2 no tribunal técnico.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.