Os hosteleiros de Pontedeume non pagarán este ano as taxas pola instalación das terrazas

O Concello estudará cada caso para permitir a ampliación do espazo de uso público de bares, cafeterías e restaurantes
Los negocios de hostelería fueron los más afectados por los cierres durante la pandemia
Los negocios de hostelería fueron los más afectados por los cierres durante la pandemia

O Concello de Pontedeume procederá á suspensión da ordenanza reguladora do cobro da taxa de terrazas que abonan os hostaleiros ata o ano 2021, polo que non se cobrará este ano 2020. Ademais, con respecto ao cobro das taxas do ano 2019, que estaba aprazado ata abril, o Concello volve retrasar o pago ata o último cuatrimestre do ano e permitirá facelo de forma fraccionada.

O Grupo de Goberno local toma estas medidas para axudar a un dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus. O Concello de Pontedeume estudará tamén caso por caso a posibilidade de ampliar durante os próximos meses a superficie das terrazas nos establecementos de hostalería onde sexa factible dadas as características do espazo, así como o tránsito de peóns.

Así mesmo, a bases da liña de axudas aos profesionais autónomos por importe de 50.000 euros, aprobada no último pleno municipal, están practicamente pechadas e daranse a coñecer durante a próxima semana. Por outra parte, e coincidindo coa apertura da hostalería e o comercio desde o luns, o concello repartirá material de protección e cartelería con informacion dos protocolos de seguridade e hixiene recomendados entre todos os establecementos que estean abertos.

 

Relacionadas