Os postos de venda de excedentes volven aos soportais do mercado provisional de Pontedeume

O Concello dispuxo unha reorganización da zona e novas medidas de protección para garantir a seguridade de comerciantes e clientes
97935980_2657859691207749_6573093704431566848_o

Na mañá deste venres iniciouse a actividade de venda de postos ambulantes de excedentes agrícolas ubicados nos soportais do Mercado Provisional, que realizarán a súa actividade comercial de martes a sábado en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Durantes os pasados días realizouse a reorganización e as xestións administrativas necesarias, así como o marcaxe das dimensións dos postos, sinalización de distancias de seguridade, distribución de material de protección entre as vendedoras e vendedores e colocación de indicacións informativas para poder reiniciar esta actividade con todas as garantías necesarias.

Por outra banda, o Concello pediu aos usuarios que se acheguen a mercan que respecten as sinalizacións viais existentes onde prohíbese o estacionamento de vehículos para facilitar á clientela o acceso á zona de soportais e respetar as diferentes medidas adoptadas para cumprir cos requisitos necesarios acordes á normativa vixente.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.