Pontedeume aproba unha taxa para as entidades financieiras con caixeiros na vía pública

Unha vez aprobada no pleno municipal, que se celebra hoxe, e tras o correspondente prazo de exposición, a medida entrará en vigor
caixeiros automaticos
O Concello de Pontedeume aprobou o venres en comisión e leva ao pleno municipal deste mércores a implantación dunta taxa para as entidades financeiras que teñan caixeiros automáticos na vía pública.
Unha vez que se aprobe no pleno municipal do mércores, e tras o correspondente prazo de exposición, a medida entrará en vigor. “Un compromiso máis cos nosos veciños e veciñas que poñemos en marcha, unha taxa que nos permitirá recadar un mínimo de 6.000 euros ao ano, que utilizaremos para outras necesidades do concello”, afirma Daniel Ríos, concelleiro de Facenda.
A Lei Reguladora das Facendas Locais permite aos concellos establecer taxas pola utilización do espazo público con fins privados, como é o caso dos caixeiros automáticos.
“A implantación desta taxa formaba parte do noso programa electoral, un tributo xusto que nos permitirá acometer outros proxectos, dando sempre resposta ás demandas veciñais”, afirma pola súa parte o alcalde, Bernardo Fernández.
Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.