Pontedeume necesita acometer “a curto prazo o dragado da ría”

O alcalde, Bernardo Fernández, solicitouno nnha reunión coa nova presidenta de Portos de Galicia
Fernández, xunto a Santiago Salgado, Ramiro Piñeiro e Javier García.
Fernández, xunto a Santiago Salgado, Ramiro Piñeiro e Javier García.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, mantivo unha reunión coa nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, na que lle trasladou “a necesidade de acometer a curto prazo o dragado da ría”.

Fernández, que acudiu en compañía do patrón maior da Confraría de Pescadores, Santiago Salgado, e dos presidentes do Club Náutico Firrete e do Club Entrepontes, Ramiro Piñeiro e Javier Garcia, cualificou de “cordial e frutífera” a reunión, na que se trataron varios temas polas infraestruturas e competencias que ten o organismo en Pontedeume.

“O dragado da ría urxe, temos xa problemas de calado nas zonas dos pantaláns das embarcaciones profesionais e das deportivas”, afirma o alcalde de Pontedeume.

“Trátase ademais dunha actuación previa a solicitar a ampliación dos puntos de amarre, xa que hai unha lista de espera de 170 embarcacións só para a zona deportiva”, lembra.

No encontro falouse tamén das próximas obras de rehabilitación e mellora dos pantaláns, uns traballos que están na fase de supervisión previa á licitación. En opinión de Bernardo Fernández, “foi unha primeira toma de contacto moi positiva e quedamos en manter pronto novos encontros”.

 

Relacionado: Novo saneamento para a fachada marítima eumesa

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.