Pontedeume ven de adherirse á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), un organismo dependente da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que ten por obxectivo velar pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións. Trátase dun ente que está ao servizo dos concellos para garantir a protección do territorio e o respecto á legalidade vixente.
En virtude deste novo convenio, Pontedeume delega na APLU as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza sempre que estean en solo rústico non urbanizable e solo urbanizable ou apto mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento, e en núcleos rurais delimitados no PXOM. Por outro lado, a APLU transferirá ao concello un 10% do produto das multas coercitivas e sancións.
Discussion about this post