O Clube de Piragüismo Firrete consolídase como un emblema deste deporte a nivel galego, español e internacional. O seu palista máis coñecido, o eumés Santiago Cruz, logrou facerse coa medalla de ouro no campeonato do mundo celebrado na Shaoxing (China).
Cruz e o seu compañeiro, o barquense Jesús Rodríguez, conseguiron ser os primeiros en rematar un percorrido de 20 quilómetros na categoría de K-2 Máster (veteranos), adiantando á parella arxentina e a sudafricana.
Un mérito que o Concello de Pontedeume recoñeceu facéndolle entrega dunha placa conmemorativa dos seus méritos e invitándoo a estampar a súa firma no libro de ouro do concello.
Na citada competición mundial o deportista do Grupo Xuvenil Matojoma de As Pontes, Carlos Pedreira, acadou a tercera posición na proba K-1 máster.
Relacionado: Éxito feminino pontés na Copa de España de Vela
Discussion about this post