Supéndese o Festival Internacional de Folclore de Pontedeume polo risco do Covid

A participación de grupos e entidades internacionais resulta imposible coas actuais condicións sociosanitarias e as restriccións de viaxes
104975959_2681266918867026_6663327249665390954_n

A Xunta Directiva da Asociación Foclórica e Cultural Orballo, como entidade organizadora do Festival Internacional de Folclore de Pontedeume, e de xeito consensuado co Concello de Pontedeume, como entidade colaboradora, comunicou hoxe a suspensión da 33 Edición do Festival Internacional de Folclore de Pontedeume, previsto para os días 7 e 8 de agosto de 2020.

A suspensión deriva da situación xerada pola Crise do Covid 19 e as posteriores consecuencias sanitarias, económicas e sociais que vimos de padecer dende o pasado mes de marzo.

«Cremos que por seguridade e saúde de todas as persoas que puideran participar ou desfrutar do Festival, corresponde tomar esta decisión tan triste e difícil, pero axeitada á situación que estamos a padecer en España e parte do estranxeiro, tendo en conta que os grupos participantes no Festival sempre son de carácter nacional e internacional», expicaron desde o Concello eumés.

Desde a asociación organizadora insistiron en que xa traballan «coas mesmas ganas e coa mente disposta cara a edición do ano 2021», na que tamén contará co apoio do Concello de Pontedeume e da Deputación da Coruña.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.