O Concello de Pontedeume, dende o Programa de Dinamización Social e Fomento da Participación Cidadá, organiza para o vindeiro día 5 de marzo a tradicional Festa de Entroido dirixida ao veciños da terceira idade do municipio.
Unha actividade dirixida ao colectivo das persoas maiores para mellorar a súa calidade de vida e acadar un envellecemento activo real. Tal e como apuntan desde o goberno local, este xantar xeneracional naceu para convertirse “nun espazo de convivencia facilitador do establecemento de relacións interpersoais e sociais”.
O evento celebrarase no Restaure a Ría de Pontedeume e comenzará contra as duas da tarde. Todas as persoas interesadas en participar na actividade poden informarse e inscribirse no Centro Municipal de Maiores ou no departamento de servizos sociais municipais.
Discussion about this post