14 novos positivos elevan a 283 o número de veciños con coronavirus en Ferrolterra

O área sanitaria de Ferrol vén presentando durante a última semana un crecemento notablemente menor que no mes de marzo
5414798

O área sanitaria de Ferrol segue a sumar novos casos de positivos por coronavirus pero o fai a un ritmo máis lento ca nunca. Se durante a segunda quincena de marzo -dende que se rexistraron os primeiros casos- o incremento tivo unha media diaria dun 31%, durante esta semana, do luns 30 de marzo ao sábado 4 de abril, o fixo a un ritmo dun 11%. Unhas cifras significativas tendo en conta que foi a finais de marzo cando se empezaron a duplicar os controis gracias a instalación do punto fixo do Novoa Santos.

Segundo os datos facilitados hoxe pola Dirección Xeral de Saúde Pública, o área sanitaria de Ferrol rexistra actualmente 283 casos positivos por Covid, 14 máis que onte. A meirando parte de eles, un total de 238, son leves e os contaxiados están en illamento doméstico.  Dos 45 restantes que sí necesitan ingreso hospitalario, 29 están en planta e 16 atópanse nas unidades de coidados intensivos.

A estes casos hai que sumarlle os 12 vítimas mortais que se rexistraron ata agora por coronavirus nos hospitais de Ferrol. Todos eles con patoloxías previas. A boa nova e que xa se tramitaron 26 altas hospitalarias de pacientes que lograron superar a infección por Covid-19.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.