A área sanitaria de Ferrol contén o número de novos contaxios por coronavirus

Nas últimas horas faleceron dous dos ingresados nas UCI con Covid-19
euqlmj3vaayu5au

A área sanitaria de Ferrol non rexistrou grandes cambios nas últimas 24 horas respecto ao avance do coronavirus. Ata hoxe foron contabilizados 327  -un máis que onte- casos positivos dende o inicio da crise, dos cais 280 están nos seus domicilios con sintomatoloxía leve e televixilancia sanitaria. O próximo paso do área sanitaria é empezar a identificar e contabilizar o número de curados, xa que moitos destes doentes foron diagnosticamos hai máis de 14 días e non volveron a presentar síntomas dende entón.

Respecto aos ingresados hai un total de 47 nos hospitais habilitados, dos que 10 están en UCI e 37 en  planta. Déronse xa 48 altas hospitalarias dende o inicio da crise.

Dúas mortes nas últimas horas

Tras case cinco días sen vítimas mortais polo coronavirus, o área sanitaria de Ferrol rexistrou nas últimas horas dúas mortes de doentes contaxiados polo covid. Contra as 21.00 horas de onte faleceu un varón de 70 anos ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do CHUF. E a primeira hora desta mañá o facía outro home de 84 anos, tamén ingresado no Marcide. Ambos sufrían patoloxías previas. Con estes son 17 os falecidos nos hospitais da área sanitaria a causa do Covid-19.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.