Unha nova xornada de datos esperanzadores na área sanitaria de Ferrol respecto ao número de positivos por coronavirus. O último dato facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública rexistra 312 casos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, só 5 máis que o día anterior. Estas cifras empezan a refrendar o aplanamento da curva no número de positivos por coronavirus na zona, ao tempo que aumentan diariamente as altas. Onte producíronse tres máis e xa son 29 os doentes que lograron superar o virus nos hospitais do CHUF.
Tampouco aumentaron os pacientes en UCI. Dos actuais infectados, 264 casos permanecen no seu domicilio con síntomas leves e só 48 están ingresados nos hospitais de Ferrol. Destes, 11 revisten maior gravidade e atópanse nas unidades do coidados intensivos. A pesar disto, o CHUF previu habilitar doce postos máis na segunda planta do Arquitecto Marcide. Na actualidade disponse de dez neste hospital e outras dez postas en marcha nos últimos días no Naval. A elas pódenselle sumar outras doce, ata sumar 32, se se necesitan.
O Sergas continúa recollendo de lunes a domingo novos test de persoas con sospeitas de poder estar contaxiadas. Realízanse ao redor de cen test diarios entre o punto fixo do Novoa Santos, os do Arquitecto Marcide (que teñen prioridade) e os que se realizan a domicilio, sempre baixo prescripción médica. Dende que se iniciou esta campaña de control xa se levan analizadas máis de 1.800 mostras, a maioría cun resultado negativo.
Discussion about this post