A CIG denuncia a precariedade sanitaria dos traballadores das residencias da terceira idade

Esixen máis test para todos o persoal que estivo en contacto con doentes positivos de coronavirus
residencia-de-ancianos-vitalia-expo_6204187_20200318191228

A CIG-Servizos vén de denunciar a situación «de abandono» na que se atopa o persoal das residencias privadas da terceira idade na comarca de Ferrolterra. Segundo o sindicato, «a Xunta está a facer oídos xordos ante as demandas que se lle están a formular e que afectan tanto ao persoal como aos usuarios usuarias dos centros, xa que están expostos a un grave risco polo contaxio do COVID-19 dende o comezo da emerxencia sanitaria».

A responsable do sector das residencias privadas da terceira idade na CIG de Ferrol denuncia que a falla de test para facer as probas ás traballadoras e aos traballadores que estiveron en contacto co coronavirus, «fai que esas persoas teñan que seguir traballando, co conseguinte risco para a saúde, tanto do persoal coma das persoas residentes».

Una situación que provoca ademais que «o persoal destes centros estea a sufrir unha exposición innecesaria ao propio risco biolóxico pero tamén, unha situación de estrés emocional e ansiedade ao verse expostos a un risco grave e descoñecido ante o que se senten totalmente vulnerábeis».

 

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.