A curva de contaxios por Covid-19 na área de Ferrol segue descendendo

Cinco persoas recibiron a alta epidemiolóxica nas últimas 24 horas
marcidex

A curva de contaxios na área sanitaria de Ferrol segue descendendo, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública. O número total de casos activos hoxe é de 115, tres menos que onte e o número de altas epidemiolóxicas é de 427, o que significa que cinco persoas máis superaron o virus nas últimas 24 horas.

Respecto dos afectados, soamente 9 permanecen ingresados no Arquitecto Marcide e 3 están na UCI cun diagnóstico máis grave. O resto de contaxiados, 103 pacientes, permanecen en illamento nos seus domicilios. Tampouco se rexistraron novos falecementos relacionados co coronavirus nos últimos 3 días, polo que o total de vítimas mortais segue sendo de 32 persoas entre os falecidos en hospitais e nos centros de maiores.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.