As grandes industrias da comarca está enfrontando a crise sanitaria do coronavirus de diferentes xeitos, pero todas están a verse afectadas dun ou doutro xeito polos efectos colaterais da pandemia. Unha das primeiras factorías que anunciou o seu peche case total foi o estaleiro público de Navantia, que ten á meirande parte dos seus traballadores ou ben parados ou ben teletraballando no caso dos departamento técnicos.
As únicas tarefas que se desenvolver agora mesmo nas factorías navais son algúns traballos puntuais de mantemento de reparación dos buques militares, pero o resto das áreas de producción están suspendidas, o que xa orixinou a perda dalgúns contratos de reparación do cruceiro Marina. Outros traballos, como os da plataforma off shore Terra Nova ou o do cruceiro Azura vanse aprazar.
Outras das empresas que decidiron suspender case ao completo a súa actividade son Megasa e Gamesa. Os fornos da metalúrxica naronesa, que non prantexou polo momento o escenario dun ERE para os máis de 100 traballadores da pranta, van continuar funcionando a medio gas ata o próximo 9 de abril, especialmente o de laminación xa que, por razóns técnicas, non se podería apagar de súpeto. Os que sí van parar son os máis e 300 traballadores da factoría de Gamesa en As Somozas, que anunciou que suspende ata próximo aviso a fabricación de pas eólicas.
Un caso distinto é o de Reganosa e Endesa xa que son industrias estratéxicas por tratarse de suministradoras de enerxía. A compañía gasera situada en Mugardos manterá a súa actividade como ata o de agora, aínda que soamente quedan na planta os operarios que encargados de manter en funcionamento a parte técnica e mecánica do complexo, mentres que o persoal de oficina realiza o teletraballo dende casa.
No caso da térmica das Pontes, a actividade presencial continúa, aínda que calculan que menos da metade da plantilla ten que acudir ás instalacións para garantir o correcto funcionamento da central. Neste caso, o parón da actividade sí que vai retrasar as probas que se estaban a realizar con biocombustibles alternativos para buscar novos materiais alternativos ao carbón.
Discussion about this post