Alerta nos centros educativos: 14 de cada 100 contaxios por Covid-19 na área de Ferrol son de alumnos

É a maior taxa de incidencia de Galicia en colexios e institutos, pero aínda non supuxo o peche nin de aulas nin de centros
colegio1

A área sanitaria de Ferrol continúa na súa escala de casos de coronavirus desde o pasado sábado 10 de outubro ata situarse como a zona coa peor evolución de contaxios de Galicia. Nas últimas 24 horas o panorama apenas variou, con 6 novos casos confirmados por PCR e 5 altas epidemiolóxicas, o que deixa un total de 148 casos activos nas comarcas. Os concellos de Ferrol e Narón continúan en alerta lanranxa e vermella de risco, ao rexistrar nos últimos 7 días entre 36 e 76 casos por 100.000 habitantes na cidade departamental e máis de 21 casos no municipio naronés.

O aumento de casos nesta última semana tamén disparou o control e seguimento de contactos estreitos, polo que o día de onte produciuse o récord de probas PCR realizadas na área sanitaria desde o inicio da pandemia, con un total de 451, cando a media ata o de agora rondaba as 200. Con estas son xa 38.679 as probas realizadas aos veciños e veciñas das tres comarcas, que arroxan unha positividade dun 4,29%.

Pero quizais a evolución que máis preocupa agora nas comaras é a dos centros educativos, que sufriu un aumento significativo nas últimas dúas xornadas. Tanto é así que a área sanitaria de Ferrol xa acumula a maior porcentaxe de casos activos por coronavirus en centros escolares de Galicia, cun 14% do total de casos. Son 21 contaxios en total, repartidos en 17 centros de 8 concellos diferentes. Polo momento trátase de casos illados e non supuxo o peche de ningunha aula nin tampouco de ningún centro.

 

LOCALIDADE CENTRO TOTAL POSITIVOS
AS PONTES IES Moncho Valcarce 1
FENE CEIP Plurilingüe de Centieiras 1
FENE IES de Fene 1
FERROL CPR Tirso de Molina 1
FERROL CPR Plurilingüe Sagrado Corazón 1
FERROL IES Sofia Casanova 1
FERROL IES Concepcion Arenal 4
FERROL EPAPU Santa María de Caranza 1
FERROL CEIP de Esteiro 1
FERROL CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 1
NARÓN IES As Telleiras 1
NEDA IES Fernando Esquío 1
ORTIGUEIRA CEIP José María Lage 1
ORTIGUEIRA IES de Ortigueira 1
PONTEDEUME IES Breamo 1
VALDOVIÑO CPI de Atios 2
PONTEDEUME CPR Luís Vives 1
TOTAL 21

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.