Os horarios dos autobuses urbanos e interurbanos de Ferrol cambiarán a partir de hoxe, luns 11 de maio. Alsa, a empresa concesionaria, indicou que as novas frecuencias supoñen un importante aumento respecto á actual oferta. A compañía reduciu o pasado 18 de marzo cadro dos autobuses como consecuencia da declaración do estado de alarma, pero coa entrada de Galicia na fase 1 do proceso de volta á normalidade, comezan a recuperase parte dos servizos que estaban suspendidos ata agora.
Desde o Concello de Ferrol, a través da concellería de Participación Cidadá comunicáronselles esta fin de semana ás asociacións veciñais da cidade e do rural os novos horarios habilitados pola compañía. Ademais, a cidadanía poderá consultalos a través dos seguintes enlaces: