Ares propuxo xa 40 sancións por desplazamentos non autorizados

A Policía Local está reforzando os controis de entrada e saída da cidade e se están identificando aos ocupantes das segundas residencias

O Concello de Ares é un deses reductos desexados por aqueles que teñen no municipio segundas residencias de veraneo no que pasar os días festivos da Semana Santa ou, incluso, o que resta de confinamento. É por iso que o Concello quixo blindar a vila dende o pasado fin de semana controlando ás entradas e saídas non autorizadas.

Segundo informou o propio alcalde aresán, Julio Iglesias, xa van máis de 40 denuncias tramitadas pola Policía Local, que é encargada de realizar estas inspeccións aos vehículos que queren entrar ou saír da vila. Ademáis, tal e como informou o rexedor a pasada semana, os axentes están identificando aos ocupantes de segundas residencias para comprobar se están empadroados en Ares ou se viñeron para pasar uns días, emitindo as correspondentes sancións.

O veciño concello de Mugardos tamén intensificou estes días os controis nas vías de acceso ao municipio. Alí, ademáis de contar cos cinco axentes da Policía Local, tamén recibirán o apoio do Tercio Norte para estas labores de control de vehículos. Só no día de onte expedíronse 5 sancións por desplazamanentos non autorizados.

Salir de la versión móvil