Ares volve a ser un set de rodaxe

Unhas 30 persoas traballan na gravación da serie “Saudade de Ti” para a TVG
Un momento da gravación desta mañá
Un momento da gravación desta mañá

O paseo marítimo da nosa localidade acolleu esta mesma mañá do mércores, 15 de marzo, unha nova gravación audiovisual; a veciñanza puido ver o trasfego do equipo técnico e artístico, unhas 30 persoas, encargado da producción da serie “Saudade de Ti” para a TVG. Desta volta, Ares converteuse no espazo protagonista dunhas secuencias de diálogo entre dúas das personaxes da serie.

Mais a gravación non ficará só no paseo marítimo: tamén se achegarán ao miradoiro de As Mirandas, onde enmarcarán a ficción televisiva nunha espectacular paisaxe co atardecer. Con eles, sumamos unha nova producción a outros títulos nos que o noso municipio foi lugar de rodaxe, dende Pai Casares, tamén da TVG, a Julieta, de Pedro Almodóvar, ou Concepción Arenal: La visitadora de Cárceles, coproducida por TVG, Canle Sur, TVE e Televisió de Catalunya.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.