Outro evento multitudinario que se cae do calendario. A organización das Alfombras Florais de Ares acaba de anunciar a cancelación do evento para este ano, que estaba previsto que tivera lugar entre o 13 e 14 de xuño, coincidindo coa celebración do Corpus Christi.
A situación de crise sanitaria provocada polo Covid-19 obriga aos organizadores a tomar esta “decisión sen precedentes” nos case 40 anos que se leva desenvolvendo esta tradición aresá convertida en Festa de interese turístico de Galicia dende o ano 2011.
Unha das características principais do evento é o contacto social, tanto por parte dos milleiros de asistentes como dos centos de voluntarios e veciños que preparan as alfombras cortando e colocando as frores nas rúas ou debuxando as filigranas no chan. Unha actividade “imposible de realizar” coas condicións previstas para mediados de xuño, segundo explican os organizadores, que xa pensan na edición do próximo ano.
Discussion about this post